Unha obra informativa que anima a lectoras e lectores a afondar no mundo da arte de xeito ameno e divertido.
Ferramentas básicas para ser artista é un álbum informativo que aborda os diferentes aspectos implicados no proceso de creación dunha obra de arte: o funcionamento do ollo humano, a experiencia da cor, os referentes do pasado (a historia da arte e os seus principais nomes propios), os materiais e utensilios necesarios, os espazos que convidan á creación, o proceso artístico etc.
Unha guía visual que combina textos breves, rigorosos e amenos con ilustracións e infografías claras, dinámicas e repletas de color nas que artistas famosos nos acompañan na lectura e nos animan a crear.
Con este álbum, Blanca Millán gañou no ano 2025 o 1.o Premio ao Libro Informativo para a rapazada convocado por GÁLIX.