A chegada dun novo irmán ou irmá suscita a curiosidade
	do protagonista de ?Un máis?, un relato para primeiros lectores
	que destaca pola súa estrutura repetitiva a tres niveis:
	pola reiteración das fórmulas coas que pequeno coello interpela
	a súa nai para saber cando se producirá o nacemento; a outros habitantes do bosque anunciándolles a boa nova e trasladándolles a súa insistente pregunta; e por como imaxina os xogos
	que poderán compartir.