Búsqueda de Editorial : XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A

657 resultados

XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A Eliminar filtro Quitar filtros
  • A IDENTIDADE
    DARRIBA, MANUEL
    Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder? «A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • QUERO SER COMA VERO BOQUETE
    FERNÁNDEZ DAVILA, FRAN
    O mundo de Lucía é silencio, regras e pantasmas:o seu pai converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e, por algún motivo, o fútbol está prohibido. Pero ela non pode ignorar a fame polo xogo que lle formiga nas veas nin a lembranza dunha nai de quen só conserva unha fotografía secreta e chea de lama. Lucía terá que decidir se está disposta a arris...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • LAND ROVER
    TORO, SUSO DEL
    Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,95 €

  • 21 DIAS DE ARNELA
    VIDAL VIZCAYA, ADELAIDA
    Arnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante vinte e un días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno. As relacións con compañeiros como Briana, Charity e especialmente Ronin -un mozo trans con quen establece ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • GOMA DE BORRAR
    G. CANEDA, VALERIA
    A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos. Unha vivencia que se incuba silenciosamente no c...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,95 €

  • A EIRUGA RABUDA
    YÁÑEZ, ANTÍA
    No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    16,95 €

  • XARDÍN DE INVERNO
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Ledicia Costas mergúllase nunha viaxe íntima pola memoria, a identidade e as emocións para construír un universo propio cheo de simbolismo onde o xardín de inverno funciona como refuxio fronte á dor, á perda e á mala sorte herdada. A morte, o paso do tempo e a ausencia convértense en temas centrais, mais o poemario deixa tamén espazo para a esperanza, a fantasía e a reconstruci...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • BOUNDARIES ROAD
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,95 €

  • CAPITÁN LENTELLA 3
    CAMPOS, JORGE
    A viaxe continúa! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulación pregúntase como atopar o famoso astrónomo Pekler, o único que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis. Pero o capitán ten outras prioridades: seguir coa súa gran volta ao Universo. A tensión comeza a medrar entre os dous compañeiros, e o que parecía...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • ROSALÍATE
    MARTÍNEZ RECAMÁN, UXÍA
    Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. Rosalíate! ...
    Entrega en 8 - 10 días

    15,50 €

  • O LADO NOBRE
    LOURIDO, IRENE
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • PACTO DE SILENCIO
    VIÉITEZ, ANA
    Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as am...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • ESTA É A MIÑA HISTORIA E TERÁS QUE CRELA
    ESMORÍS, ÉRICA
    Carola é unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas pal...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • AS ESQUINAS
    CALVO MARQUES, MIGUEL
    Entre a depresión que o devora e as esquinas contra as que golpea o seu corpo para sosegar a dor emocional, o protagonista desta novela intenta sobrevivir no medio dun caos de relacións rotas e adiccións. Busca desesperadamente un lugar ao que pertencer e aférrase ao desexo e á esperanza fráxil dun amor que podería salvalo ou, se cadra, destruílo definitivamente. «As esquinas»...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,50 €

  • O MISTERIO DOS GATOS ROSAS
    MAR VILLAR
    Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas... o misterio está servido! Xunto á súa amiga Alba, o inseparable Sultán e o inesperado Coco (un cadeliño con moita enerxía e peidos tan fedorentos que f...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • HOXE TOCA LEIVA?
    PERE PÉREZ
    Sam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha amiga á r...
    Entrega en 8 - 10 días

    19,50 €

  • TIÑA EU RAZÓN
    PINAL, VICTORIA
    Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. Os relatos de «Tiña eu razón» desv...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,50 €

  • PANTASMADAS
    GARCÍA MARTÍNEZ, ANDREA
    O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan. Conseguirá Seronio quedar no seu fogar? Poderase salvar Treboeiro do esquecement...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • PAI
    LOUZAO OUTEIRO, MIGUEL
    Desde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai vanse abrindo camiño nunha viaxe compartida como un xogo serio que moldea as súas vidas. «Pai» ofrece unha perspectiva que renuncia aos privilexios masculinos tradicionais e propó...
    Entrega en 8 - 10 días

    13,50 €

  • TIMBROL E A PEGA (E OS DEMAIS)
    BARBADILLO, LETICIA
    Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demai...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • O MAPA DA TÚA SEXUALIDADE
    VEIGA, LAURA
    Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo. Neste libro atoparás unha guía clara, divertida e coidada para comprender como funcionas por dentro e por fóra: o corpo que medra, os sentimentos que ás veces enredan, o...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,95 €

  • VIGO PEQUENO
    VEIGA, RAMÓN D.
    Vigo é unha cidade incrible: ten un ascensor que parece unha nave espacial, un campo de fútbol feito con ondas de mar e un sereo empoleirado no alto de dúas columnas. Apetécevos acompañar a Oliva a dar unha voltiña polos seus lugares favoritos? ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito liter...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    24,50 €

  • CRIATURIÑA
    FRAGA, ANTONIO M.
    Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desapar...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,94 €

  • CÁNCARA
    ALONSO, FRANCISCO
    Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...
    Entrega en 8 - 10 días

    17,95 €

  • BUSCALETRAS
    SENDÓN, OLAIA
    Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas? Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas. ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • A ZAPATEIRA MECÁNICA
    TORO, XELIS DEL
    A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapate...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • AS MALAS IDEAS
    SOLAR, MARÍA
    Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Mer...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • O PAZO DAS MARISMAS
    BLANCO CASAL, ALBERTE
    Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenari...
    Entrega en 8 - 10 días

    21,50 €

  • O DRAGÓN ANOADO
    VARELA FERREIRO, ALBERTO
    Antón Seixas era un mozo galego que tivo que emigar cara a Cuba cando estoupa a Guerra Civil española. Na Habana traballa no ultramarinos do seu tío Manolo e, por casualidade, descobre que un mafioso chinés planea un gran roubo... Ameazado de morte, ten que fuxir a Nova York e mudar de indentidade... Converténdose en: Xeixas Johnson. ...
    Entrega en 8 - 10 días

    15,95 €