LAND ROVER

LAND ROVER

TORO, SUSO DEL

18,95 €
IVA incluido
Sin stock - Consulta disponibilidad aquí
Editorial:
XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A
Año de edición:
2026
Materia
Literatura. narrativa
ISBN:
978-84-1110-835-5
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
18,95 €
IVA incluido
Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai volvendo cada vez máis negro. Todo estoupa cun Land Rover ás escuras, dúas siluetas proxectadas na parede e un golpe seco que cambiará para sempre o destino dos irmáns. «Land Rover» é unha novela brutal e hipnótica sobre feridas familiares que non dan curado. Volve este clásico moderno de Suso de Toro na súa máxima potencia narrativa. Entre o presente e un pasado que persiste como un maleficio.

Artículos relacionados

  • LAURA NO DESERTO
    RIVEIRO COEELLO, ANTON
    Primavera de 1982. Diana bate en Barcelona cunha carta que ispe a memoria familiar. En Compostela, un intelectual enfermo, empurrado pola morfina, espétalle ao seu fillo unha frase que garda un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, mira de coidar do seu amigo Bernie, que probou o suicidio. Nun psiquiátrico, unha muller leva meses sen pronunciar máis palabra que o mu...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    29,55 €

  • (G).A LINGUA ESTRANXEIRA
    LAMELA, BRAIS
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    22,50 €

  • OS ABANDONOS
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión d...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    16,50 €

  • LOVERS
    PORTEIRO, MARÍA XOSÉ / AVENDAÑO, ALBERTO
    Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros? e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias. Nunha xeografía de peripecias vitais que abran...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,00 €

  • LES GRATITUDS
    VIGAN, DELPHINE DE
    «T’has demanat mai quantes vegades a la vida havies dit gràcies de debò? Un gràcies de veritat. L’expressió de la teva gratitud, del teu reconeixement, del teu deute.» La Michka està perdent l’habilitat per parlar. Ara que les lletres i els sons li volten pel cap en un remolí incontrolable, l’anciana ha de lliurar-se a l’evidència: ja no pot viure sola. Fins i tot si això signi...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    10,95 €

  • LES NOSTRES MARES
    RUIZ PALÀ, GEMMA
    Premi Sant Jordi 2022. Coedició amb Òmnium Cultural. La celebració literària d’una generació de dones que són un referent vital.Què somiava ser la teva mare? Fos el que fos, segurament va haver de quedar al tinter. A les protagonistes d’aquesta novel·la, nascudes durant la dictadura, no els deixen desplegar el seu talent. Però elles planten cara i no s’acoquinen davant de res n...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    10,95 €

Otros libros del autor

  • A SOMBRA CAZADORA
    TORO, SUSO DEL
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,95 €

  • TERRA DE SACRIFICIO
    TORO, SUSO DEL
    Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,50 €

  • CONTA, SHEREZADE
    TORO, SUSO DEL
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos na...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,50 €

  • AMBULANCIA
    TORO, SUSO DEL
    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • POLAROID
    TORO, SUSO DEL
    A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada so...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • DENTRO DE LA LITERATURA
    TORO, SUSO DEL
    Premio de Ensayo Gala do Libro Galego 2020.Este libro nació con el encargo de servir como introducción a la literatura para quien desee asomarse a ella. Por el camino, sin embargo, Suso de Toro se desprende del corsé del ensayo para ofrecernos la posibilidad de participar en un diálogo: con los muertos -y por sus páginas desfilan Joyce, Proust, Woolf o Rosalía de Castro-, con n...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,50 €