ARREPÍOS E OUTROS MEDOS

ARREPÍOS E OUTROS MEDOS

HISTORIAS GALEGAS DE FANTASMAS E DE TERROR

MIRANDA, XOSÉ / REIGOSA, ANTONIO

18,50 €
IVA incluido
Sin stock - Consulta disponibilidad aquí
Editorial:
XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A
Año de edición:
2004
Materia
Narrativa – cuentos
ISBN:
978-84-9782-194-0
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - LENDAS DE GALICIA
18,50 €
IVA incluido
Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

"Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar.
O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.

Artículos relacionados

  • BLUEY (LIBRO+PIZARRA MAGNETICA)
    En stock

    13,95 €

  • TOY STORY (TESORO DE PEGATINAS)
    En stock

    11,95 €

  • TOY STORY 5 (LIBRO+3 PUZZLES)
    En stock

    7,95 €

  • OLGA CHISPIRUJA Y LA SUERTE ENREDADA
    OROZCO, ANOUK
    En stock

    13,50 €

  • ORGULLO Y PREJUICIO
    JANE AUSTEN (ADAPTACIÓN DE ARIADNA HERNÁNDEZ),
    Una de las obras más conocidas de la gran Jane Austen, escritora inglesa de finales del siglo XVIII caracterizada por su retrato costumbrista de la sociedad de la época. Una fantástica adaptación para jóvenes lectores. ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    4,95 €

  • EL CASCANUECES
    YUSTE, OLGA M.
    Este cuento de hadas navideño se estrenó como ballet en 1892, protagonizado por niños y niñas, y hoy en día sigue representándose cada Navidad en medio mundo. Como cada gran ballet, comienza con un sutil movimiento de la batuta del director. Prevenidos bailarines y músicos, alza su mano y... ¡comienza la función! Una fantástica adaptación para conocer y disfrutar de este bellís...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    4,95 €